Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

Premio Diego Bernal 2015

Imagen
Lois Caeiro, Premio Diego Bernal 2015 Compostela, 26 de novembro de 2014.- A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou distinguir co Premio Diego Bernal, na súa XX edición, ao xornalista Luis Rodríguez García (máis coñecido como Lois Caeiro) pola súa ampla traxectoria profesional en medios de comunicación. Lois Caeiro ( Sobrado dos Monxes, 1951) estudou na Universidade de Comillas e na Complutense, onde fixo os cursos de doutorado e da que foi profesor honorífico. Comezou en 1968 a colaborar en El Ideal Gallego . Cronista e comentarista político en Madrid nos anos da transición, posteriormente realizou os mesmos cometidos en Galicia coas primeiras eleccións parlamentarias e a constitución das institucións autonómicas; así, puxo en marcha os servizos informativos da Televisión de Galicia -dos que foi o primeiro director- e director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia . Foi tamén director de Atlántico Diario, na saída á rúa do xornal, e participou na