Publicada la obra 25 años de Radio Pública Gallega



En la web de la Asociación de Periodistas de Galicia  acaba de aparecer publicada la historia de los 25 primeros años de la Radio Autonómica de Galicia, desde 1985 hasta 2010. Al igual que la anterior historia de 25 años de la Televisión de Galicia, es fruto de varios años de trabajo e investigación de Arturo Maneiro Vila. 

Reproduzco aquí la parte de presentación de libro, escrito en gallego, en la que se explican las razones, método y objetivos de esta obra:

"Radio Galega foi o primeiro medio público autonómico de Galicia en
funcionar: comezou as súas emisións regulares o 29 de marzo de 1985
e desde entón emite as 24 horas do día ininterrompidamente en lingua
galega. No 2010 cumpriu ós seus 25 anos de vida, cando se publica este
traballo xa pasou dos 27, e existe o pleno convencemento de que, a
pesar da actual crise económica actual, chegará ás tres décadas como
emisora pública de Galicia para continuar a súa vida de servizo público.
É ben sabido que a Radio Galega é unha empresa de carácter público. O
seu orzamento provén de subvencións da Xunta de Galicia, previo
acordo entre a CRTVG e o Parlamento de Galicia. Tamén ten achegas da
explotación comercial dos seus espazos, aínda que nunha proporción
pouco considerable.
Como emisora xeneralista, a súa programación atende a todos os
aspectos da sociedade galega. Informativos, magazines, deportes,
cultura, música, programas especiais e emigración, conforman os
espazos que manteñen informado ao oínte da actualidade de Galicia, de
España e do mundo.
A Radio Galega produce e emite toda a súa programación dende o
Centro de Produción e Emisión de San Marcos en Santiago de
Compostela. Os 2.000 metros cadrados das súas instalacións están
distribuídos en cinco estudios, un de 150 metros cadrados para
gravacións e concertos en directo; control central, redaccións de
informativos, programas e deportes, discoteca, fonoteca, dependencias
administrativas e despachos.
O seu sinal analóxico cobre o cento por cento do territorio galego e
chega aos oíntes a través de seis emisores e 26 reemisores, que poden
ser captados en amplas zonas de Asturias, León, Zamora e Norte de
Portugal. En dixital pode escoitarse en todo mundo por Internet, con
receptores dixitais ou TV en toda Europa e América.
Actualmente emite tres canais: Radio Galega, o Son de Galicia Radio e
Radio Galega Música.
Pero este traballo está feito ó longo de varios anos, comeza cos primeiros 
pasos da emisora y remata na actualidade. Foi elaborado
despois de consultas e comprobacións de documentación de todo o
tempo de existencia da Radio Galega. Por certo, esta emisora é a que
dispón dun arquivo histórico más completo de tódalas emisoras
consultada. Conserva moitos documentos en papel daqueles primeiros
anos, pautas de programación desde o primeiro día, guións de
programas, partes internos, notas interiores, contabilidade, decisións
dos directivos, cartas, anotacións de chamadas telefónicas ou contratos
de colaboradores. contabilidad A finalidade desta obra é ofrecer referencias documentadas dos
distintos pasos vividos na Radio pública de Galicia, sen entrar en
detalles, consideracións ou enfrontamentos políticas de forma directa;
dun xeito indirecto sempre aparecen referencias a movementos políticos
ou decisións que tiveron unha orixe en decisións políticas, pero son as
menos. En definitiva, son datos e datas que se expoñen aquí para que
poidan estar a disposición dos estudosos ou investigadores interesados
na historia da Radiodifusión sonora.
Loxicamente, nos primeiros pasos e primeiros anos de funcionamento
dedícase máis atención a detalles, programación, responsables,
contratacións, colaboradores, porque xa son historia. Pero a medida que
os datos nos achegan ó noso tempo, ten menos sentido reflectir tanto
detalle. No comezos todo aquilo tiña interese e acadaba resgos de
aventura, pero co pasar dos anos vanse convertendo en actos ou
decisión de ordinaria administración, sen tanto interese histórico. Por
esta razón, as etapas a partir dos vinte anos de vida da Radio Galega
son tratadas de forma moi por riba. Para un mellor seguimento dos
acontecementos referenciados, saliéntanse en negriña as datas exactas
de cada acontecemento, decisión, ou comezo de programa.
Arturo Maneiro Vila. Autor"

Comentarios

Entradas populares de este blog

Homenaje a Pepe Castro en Coruña

Almuerzo homenaje a Luis Rivero de Aguilar